Durante a Semana da Prensa, o alumnado de 1º da ESO e do 1º ciclo de Primaria participou nunha serie de actividades para achegarse ao mundo do xornalismo. Ao longo desta semana, investigaron e repasaron conceptos clave como que é un xornal, as partes dunha noticia ou os diferentes xéneros xornalísticos. Repararon que a prensa é un medio de comunicación fundamental que nos axuda a estar informados sobre o que sucede no mundo e que inclúe diferentes formatos, como periódicos, revistas e tamén a prensa dixital. Como resultado deste traballo, elaboraron un mural onde expuxeron a información recompilada. Ademais, onte tiveron unha sesión especial na biblioteca, na que realizaron a lectura do suplemento do xornal escolar, fomentando así o gusto pola lectura e a comprensión dos textos xornalísticos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario