martes, 14 de maio de 2024

Duodécimo encontro do club de lectura

 Hoxe o Club de Lectura para alumnado de 5º e 6º de primaria adicou a súa reunión a mellorar o vocabulario. Cada estudante buscou no libro de lectura A rateira palabras descoñecidas para el para logo facer unha posta en común e descubrir os significados desas palabras.

Foi unha sesión práctica e proveitosa, onde todos puideron enriquecer as súas habilidades lingüísticas. Para rematar a reunión o alumnado copiou as definicións nos seus cadernos do Club de Lectura.







Ningún comentario:

Publicar un comentario