Grazas ao alumnado e profesorado que estivo de mobilidade Erasmus no Agrupamento de Escolas Don Luís de Ataíde en Peniche, Portugal, polos fermosos libros que trouxeron para facer a biblio máis plurilingüe.
Blog da biblioteca do CPR Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle en Ourense
luns, 19 de maio de 2025
venres, 16 de maio de 2025
Día das Letras Galegas
Os alumnos e alumnas de primeiro ciclo de primaria celebraron o Día das Letras Galegas na biblioteca con moita creatividade e ilusión, unha data para lembrar e valorar a nosa lingua e tamén para homenaxear a persoas ou temas importantes da nosa cultura. Este ano, dedicado ao cancioneiro popular galego, pintaron as súas pandeiretas, enchendo de cor e tradición cada recuncho.
xoves, 15 de maio de 2025
Polos creativos
O alumnado de 3º da ESO tivo a oportunidade de participar nunha actividade especial na nosa biblioteca, onde mergullaron no mundo da construción e a robótica grazas ao material dos Polos Creativos.
Nesta sesión, combinamos aprendizaxe, creatividade e traballo en equipo, permitindo aos estudantes explorar novas habilidades mentres resolvían retos e creaban os seus propios proxectos. Foi unha experiencia chea de enxeño, colaboración e moita diversión!
Sen dúbida, unha forma innovadora de conectar co futuro e potenciar as competencias tecnolóxicas no noso alumnado. ¡Estamos desexando ver que novos proxectos traen ao próximo encontro!
venres, 9 de maio de 2025
Día de Europa
Este 2025 cúmprense 75 anos da Declaración Schuman, a orixe da paz, unidade e cooperación en Europa.
Queres saber como naceu a Unión Europea?
📚 Explora a nosa selección de libros e recursos!
🔹 O futuro dun soño: Europa 2046
🔹 Breve guía do euro
🔹 O ABC do dereito da UE
🔹 Modules d’enseignement de l’Europe
🔹 Treasure Hunt on the Farm (para os máis peques)
Ven á biblioteca e descobre Europa connosco!
xoves, 8 de maio de 2025
Décimocuarto encontro do club de lectura
Hoxe mergullámonos no marabilloso mundo do circo Fantabuloso para coñecer os seusmáis peculiares habitantes: os animais que fan deste libro (Ringo. Memorias dun coellofedello) unha historia chea de maxia e respecto pola natureza.
Descubrimos personaxes tan orixinais como:
• Gonzalo, o cabalo de madeira que fuxiu dunha noria e agora encesta balóns como ningún.
• Xenofonte, o rinoceronte que baila ballet con gracia inesperada.
• Lois, o escornabois, piloto que voa nun avión de papel.
• Arturo, o canguro saltarín que necesita paracaídas para non escapar nas nubes.
Unha das cousas que máis nos gustou é que no circo Fantabuloso os animais son tratados con cariño e respecto. Seguiremos a viaxe con Ringo e os seus amigos, porque cada páxinaé un novo descubrimento.
luns, 5 de maio de 2025
Pau de choiva: un novo proxecto colaborativo na biblio
Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria participaron recentemente nunha actividade moi especial organizada pola biblioteca do colexio dentro da materia de Arts and Crafts. A proposta consistiu en combinar a creatividade coa experimentación sensorial, dando lugar a un obradoiro de elaboración de paus de choiva.
Para inspirarse, o alumnado comezou consultando diversos libros de manualidades dispoñibles na biblioteca escolar. A partir das ideas atopadas, decidiron construír o seu propio pau de choiva utilizando materiais sinxelos e accesibles: tubos de cartón, pinturas de cores, cinta adhesiva e lentejas secas.
Cada neno e nena decorou o seu pau con moita imaxinación, creando deseños únicos e cheos de cor. Unha vez montados, os paus de choiva foron utilizados inclinándoos suavemente dun lado a outro, escoitando con atención o son relaxante que producen as lentellas ao deslizarse polo interior do tubo. Esta parte final da actividade resultou especialmente máxica, xa que permitiu ao alumnado experimentar unha sensación de calma a través dun obxecto creado por eles mesmos.
Foi unha experiencia enriquecedora, que combinou lectura, creatividade e relaxación, demostrando unha vez máis o valor da biblioteca como espazo de aprendizaxe e inspiración.
venres, 2 de maio de 2025
2 de maio: Día contra o acoso escolar
Na nosa biblioteca cremos no poder dos libros para xerar empatía, reflexionar e transformar realidades. Con motivo do Día Internacional contra o Acoso Escolar, convidámosche a descubrir lecturas que nos axudan a entender e combater esta realidade.
Estes son algúns dos títulos que atoparás dispoñibles:
🐑 Copiota – Ali Pye
Unha tenra historia sobre a importancia de ser un mesmo. Mini sempre imita todo o que fai Maxi, ata que descobre que ser diferente tamén é marabilloso.
🧠 O club dos raros – Jordi Sierra i Fabra
Farto de ser etiquetaxe como "raro", Hugo decide formar un club para todos os que, como el, senten que non encaixan. Un canto á diversidade e ao respecto.
🌈 Violeta & Co. cambian o mundo – Raquel Díaz Reguera
Violeta e os seus amigos descobren que con pequenas accións poden cambiar a súa contorna e facer do colexio un lugar mellor para todos. Unha historia sobre solidariedade e valentía.
👀 Invisible – Eloy Moreno (versión infantil)
Un neno que sente invisible #ante os seus compañeiros e o mundo. Unha emotiva historia sobre a dor silenciosa do acoso escolar e a necesidade de ver a quen máis o necesitan.
🫶 A lección de August – R.J. Palacio
August é un neno cunha malformación facial que, por primeira vez, irá á escola. Unha novela sobre a empatía, a amizade e a aceptación.
⭐ Wonder – R.J. Palacio
A historia de August contada desde distintas perspectivas, que mostra como cada persoa enfronta o bullying, o medo e o amor de maneira diferente. Unha obra inesquecible que ensina que ser amable sempre marca a diferenza.
📖 Ven a por o teu próximo libro e súmate ao cambio.




























