luns, 5 de maio de 2025

Pau de choiva: un novo proxecto colaborativo na biblio

 Os alumnos e alumnas de 3º de Primaria participaron recentemente nunha actividade moi especial organizada pola biblioteca do colexio dentro da materia de Arts and Crafts. A proposta consistiu en combinar a creatividade coa experimentación sensorial, dando lugar a un obradoiro de elaboración de paus de choiva.






Para inspirarse, o alumnado comezou consultando diversos libros de manualidades dispoñibles na biblioteca escolar. A partir das ideas atopadas, decidiron construír o seu propio pau de choiva utilizando materiais sinxelos e accesibles: tubos de cartón, pinturas de cores, cinta adhesiva e lentejas secas.

Cada neno e nena decorou o seu pau con moita imaxinación, creando deseños únicos e cheos de cor. Unha vez montados, os paus de choiva foron utilizados inclinándoos suavemente dun lado a outro, escoitando con atención o son relaxante que producen as lentellas ao deslizarse polo interior do tubo. Esta parte final da actividade resultou especialmente máxica, xa que permitiu ao alumnado experimentar unha sensación de calma a través dun obxecto creado por eles mesmos.

Foi unha experiencia enriquecedora, que combinou lectura, creatividade e relaxación, demostrando unha vez máis o valor da biblioteca como espazo de aprendizaxe e inspiración.

Ningún comentario:

Publicar un comentario