O alumnado da ESO segue a gozar da lectura de El pequeño Nicolás. Nesta sesión puxemos o foco naqueles aspectos do contido do libro que non considerabamos axeitados desde un punto de vista ético. Tamén aprendemos o significado de modismos e frases feitas que aparecían na lectura.
Blog da biblioteca do CPR Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle en Ourense
martes, 26 de novembro de 2024
luns, 25 de novembro de 2024
25N
Hoxe, con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o alumnado de 1º e 2º de prinaria participaron nunha actividade moi especial na biblioteca. Leron o fermoso conto "Te quiero (casi siempre)", que nos convida a reflexionar sobre o respecto, o agarimo e a importancia das relacións sas. Ademais, prepararon pulseiras cheas de cor e significado, como símbolo do noso compromiso coa igualdade e o respecto. Xuntos e xuntas, seguimos aprendendo por un mundo libre de violencia!
Curiosidades sobre o reino animal
O alumnado de 5º de primaria participou nunha sesión de ciencias na nosa biblioteca na que consultaron libros cheos de información fascinante sobre especies curiosas e as súas características sorprendentes e descubriron os segredos da clasificación dos animais, identificando mamíferos, aves, réptiles, anfibios grazas un precioso libro-mural feito pola profesora de Ciencias, María Conde
Esta experiencia non só reforzou os seus coñecementos en ciencias naturais, senón que tamén fomentou o amor pola lectura e a investigación. Unha sesión chea de descubrimentos!
xoves, 21 de novembro de 2024
Obradoiro sobre mitoloxía clásica
O alumnado de 3º de ESO de Cultura Clásica afondou na mitoloxía clásica explorarondo os fondos dispoñibles en papel e dixitais sobre deuses gregos e romanos na biblioteca. Os
Unha oportunidade única para aprender máis sobre as bases da cultura occidental.
martes, 19 de novembro de 2024
Segundo encontro do club de lectura
No noso segundo encontro, os membros do club coñeceron o fascinante mundo de Esopo, o gran fabulista grego do século VI a.C. A profesora explicoulles que Esopo foi un dos primeiros en utilizar a fábula, narración na que os personaxes, principalmente animais, transmiten valiosas leccións a través de ensinanzas cheas de sabedoría e humor.
As fábulas, un dos xéneros máis antigos da literatura universal, son relatos breves cunhaforte intención didáctica, e Esopo é recoñecido como o gran inventor deste estilo na Grecia clásica.
O alumnado comprobou de primeira man as características das fábulas, lendo a súa primeirafábula: o pastor e o lobo. Para finalizar a reunión, os alumnos intercambiaron as súasimpresións sobre a lectura.
luns, 18 de novembro de 2024
Selección de fondos de aventuras
📣 Non deixedes de ver esta selección de libros de aventuras para empréstito na nosa biblioteca 📚📚
Agardámosvos‼️
martes, 12 de novembro de 2024
Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia
Chus Corral e Sara Perea, coordinadora e integrante do equipo de biblioteca, participaron o sábado na Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia, unha xuntanza de equipos de biblioteca, docentes, asesores/as dos centros de formación do profesorado e persoas expertas cuxo lema foi "Biblioteca escolar, a escena!".
Chus e Sara puideron participar en actividades que enfatizaron o poder do Teatro como soporte para diferentes relatos e da interpretación como linguaxe poderosa, o papel facilitador da biblioteca a través dos novas linguaxes e espazos, dos proxectos, do fomento da lectura, da participación das familias, e da creación de redes.
Foi unha oportunidade para pór en valor o papel das bibliotecas escolares galegas e para reforzar vínculos persoais e profesionais!





































