luns, 4 de novembro de 2024

Atelier d’horreur à la bibliothèque

 O alumnado de francés de 4 ESO participou nun obradoiro na biblioteca no que:

- Leron e intercambiaron impresión do relato “La nuit d'horreur” de Guy de Maupassant 

-Consultaron os fondos de terror e misterio en francés da biblioteca.








mércores, 30 de outubro de 2024

Celebramos Samaín na biblio

 O alumnado de 3️⃣ de primaria celebra o Samaín 🎃🎃na biblioteca cunha festa de lecturas arrepiantes 👻👻‼️






martes, 29 de outubro de 2024

Libros arrepiantes

 Agora que se achega o Samaín, visita a biblioteca para ver a nosa selección de libros arrepiantes!

Agardámoste!








Morcegos na biblioteca

 "Morcegos na biblioteca" e "La extraña visita" foron os contos elixidos pola profe Patricia para conmemorar o Día das bibliotecas cunha sesión de contacontos para os peques de infantil. 




Encantounos! Grazas, profe!!

venres, 25 de outubro de 2024

Os nosos libros favoritos

 O alumnado de sexto de primaria celebrou o Día da Biblioteca cun intercambio de recomendacións de lectura no que explicaron que lles aportou cada libro escollido.

Bo traballo!






xoves, 24 de outubro de 2024

Contiños na biblioteca

 Moitas grazas ao alumnado de 3 ESO pola súa posta en escea de contos clásicos para os peques de 1 e 2 de primaria no Día da Biblioteca!












mércores, 23 de outubro de 2024

Volve o club de lectura!

 Arranca o club de lectura do alumnado de 5º e 6 de primaria!Nesta primeira sesión dedicámonos a escoller un nome para o noso club. A elección final foi “Libros para disfrutar”.

Unha vez escollido o nome, propuxémonos varios obxectivos a lograr: gozar e aprender lendo, debater sobre os libros e divertirnos moito.

A primeira lectura proposta polo club foi Fábulas de Esopo de de Jesús Jiménez Reinaldo (Autor, Traductor) y Jerry Pinkney (Autor).

Mantédevos atentos ás novidades. 

Reunirémonos dúas veces ao mes para compartir as nosas impresións, debater e realizar actividades relacionadas con estas fábulas clásicas cheas de sabedoría.