venres, 22 de marzo de 2024

Proxecto sobre os dinosaurios

 O alumnado de segundo de primaria acudiu a biblioteca para procurar información sobre os dinosaurios no marco dun proxecto colaborativo para aprender sobre a Era Mesozoica. 

En equipos, consultaron os fondos dispoñibles e compartiron información sobre esta era, os hábitas e a alimentación dos dinosaurios e moitas curiosidades máis.

Parabéns!










xoves, 21 de marzo de 2024

Obradoiro de intelixencia emocional

 O alumnado de 1 de primaria participou nun obradoiro que xirou en torno a un dos títulos da nosa biblioteca: “O Monstruo de Cores”, unha historia na que o protagonista aprende a recoñecer emocións coma a alegría, a tristura, o medo, a ira e a calma, cada unha asociada a unha cor.

Velaquí varias imaxes:







mércores, 20 de marzo de 2024

Visita Erasmus de alumnado e profesorado de Peniche, Portugal

 Esta semana acollemos a alumnado e profesorado do Agrupamento de Escolas Dom Luís de Ataíde de Peniche, Portugal, que participarán en aulas e reunións e cos que intercambiaremos boas prácticas.

Velaquí a primeira: unha visita a unha expo de cómics na biblio, organizada por Noel Cid, alumno de 3 ESO-B

Grazas, Noel!














luns, 18 de marzo de 2024

Oitavo encontro do club de lectura

 Os membros do club de lectura de 5 e 6 de primaria reuníronse novamente para compartir impresións sobre “A Rateira”, de Agatha Christie.

Os alumnos debateron sobre as personaxes, a trama e os escenarios, para logo facer unha lectura dramatizada na que deron vida á historia con entusiasmo e creatividade. Despois, enriqueceron o seu coñecemento ao explorar as acotacións teatrais, comprendendo a súa importancia para guiar as accións e emocións dos actores no escenario. 

Moitos parabéns!





domingo, 17 de marzo de 2024

17 de marzo: Día da banda deseñada

Desde o ano 2022, cada 17 de marzo celébrase o Día da Banda Deseñada para celebrar o día da primeira publicación da coñecida revista TBO, que deu nome ao popular tebeo. 


Con motivo desta celebración, queremos convidarvos á biblioteca para ver a nova sección de banda deseñada inaugurada hai unhas semanas.









Velaquí alghunhas recomendacións da coordinadora da nosa biblioteca e algunhas imaxes da Comiteca de 4 ESO.


Agardámosvos!

mércores, 13 de marzo de 2024

Activamos o vocabulario a través do xogo

 O alumnado de 3º ESO A reforzou a súa competencia léxica de forma lúdica a través de “A Vacaloura”, un xogo de mesa que consta de 500 tarxetas cun total de 2000 preguntas diferentes e miles de palabras dos máis variados significados. 






Pasáronno xenial!! Porque os xogos de mesa tamén son cultura!

luns, 11 de marzo de 2024

Sesión de contacontos polo 8M


 Encántanos a actividade organizada por Isabel e Laura, as nosas especialistas en Audición e Linguaxe e en Pedagoxía Terapéutica, para conmemorar o 8M! 




Unha sesión de contacontos do alumnado da ESO aos peques de 1º de primaria durante a que as princesas Disney subvirten roles de xénero tradicional. Podedes escoitla e lela en pictogramas a través dun mural interactivo no vestíbulo.