martes, 30 de xaneiro de 2024

Buzón polo Día Escolar da Non Violencia e da Paz

 O alumnado da ESO celebrou o Día Escolar da Non Violencia e da Paz na biblioteca a través dun obradoiro no que: 

1) Reflexionaron e debateron sobre os conflictos sociais e bélicos na actualidade.

2) Consultaron os fondos na biblioteca relacionados coa solidariedade, a amizade e o respecto e 

3) Escribiron mensaxes de paz que depositaron no buzón pola paz na nosa biblio.














mércores, 24 de xaneiro de 2024

24 de Xaneiro: Día Mundial da Educación

 O alumnado de 3º e 4º de primaria celebrou o Día da Educación na biblioteca cunha actividade na que intercambiaron información acerca dos libros que lles axudaron a crecer. Cada alumno/a elixíu unha palabra clave do discurso dun dos seus compañeiro/as e a escribiron nun globo branco, símbolo desta conmemoración.

Velaquí varias imaxes:






martes, 23 de xaneiro de 2024

Cuarto encontro do club de lectura

 O alumnado de 5º e 6º de primaria vén de celebrar a súa segunda reunión mensual. Nesta ocasión traballamos o concepto de retrospección, unha técnica narrativa que altera a orde da narración ao saltar do presente a uns feitos que sucederon no pasado.


Unha vez explicado este concepto, o alumnado tivo que dar resposta a estas preguntas:


  • Utilízase esta técnica en Segredos soterrados?
  • En que capítulos aparece?
  • Que sucesos do pasado son narrados?
  • Por que motivo cres que se emprega o flashback?


luns, 22 de xaneiro de 2024

Obradoiro de poesía: A Xeración do 27

 Logo de tratar a poesía da Xeración do 27 na aula, o alumnado de 4º de la ESO visitou a biblioteca para facer unha declamación poética. Cada alumno/escolleu un poema dun autor do grupo do 27, explicou o motivo da súa escolla e recitouno diante dos seus compañeros.



Despois da escoita, intercambiaron impresións  sobre os poemas e debateron acerca dos rasgos comúns á poesía desta xeración. Foi un obradoiro moi inspirador e útil para valorar o legado dos autores de case fai un século.

venres, 19 de xaneiro de 2024

Retelling Fairy Tales

 O alumnado de 1 ESO participou nun obradoiro en inglés de lectura e dramatización de contos clásicos. Logo de ler versións adaptadas de historias como “A Pequena Serea”, Aladino”, “Cincenta”, entre outras, imventaron finais alternativos que escenificaron para os seus compañeiros/as.Congratulations on your creativity and engagement!





mércores, 17 de xaneiro de 2024

Terceira reunión do club de lectura

 A terceira reunión de do club de lectura do alumnado de 6º e 5º de primaria foi dedicada á lectura compartida dos primeiros capítulos do libro Segredos soterrados de Alba de Evan e Xabier Domínguez.



Onde está a Serra do Xurés?, Quen é a gata Morrriña e cales son os seus poderes?, Onde está o campamento no que os protagonistas están a pasar o mes de xullo?, Que escondeu o sarxento Benjamin despés do seu accidente aéreo? 

Estas foron algunhas das cuestións que trataron os membros do club. 

Nihad recibiu como agasallo unha axenda escolar logo de que os membros considerasen que a súa participación foi moi enriquecedora!


Grazas e parabéns, Nihad!

luns, 15 de xaneiro de 2024

Novo ano, novos títulos

 Vimos de recibir novos títulos para diferentes idades que xa están dispoñibles para o préstamo, desde libros ilustrados para os máis pequenos ata novelas gráficas con historias conmovedoras. Achégate á biblioteca para descubrir estas e máis novidades!