O alumnado de primaria e da ESO levou a cabo varias actividades para homenxear a Francisco Fernández del Riego no día das nosas letras.
Para saber máis, consulta esta presentación:
Blog da biblioteca do CPR Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle en Ourense
O alumnado de primaria e da ESO levou a cabo varias actividades para homenxear a Francisco Fernández del Riego no día das nosas letras.
Para saber máis, consulta esta presentación:
Xa está preparada a biblioteca para o Mercadillo de Libros por puntos, que terá lugar o xoves ás 10 da mañá. Grazas polas vosas contribucións!
Abril é un mes moi especial para nós. Cada ano, desde hai xa 9, celebramos o Festival do Libro, un evento interdisciplinar e plurilingüe que xira en torno a unha das vantaxes de ler. O lema desta edición é "a lectura fainos libres" e xa estamos a argallar un montón de actividades que terán lugar do 20 ao 23 de abril.
Non deixedes de consultar o blog do festival.
Estamos desexando que chegue o día 19!!
Retomamos a actividade na biblioteca cun proxecto moi motivador!
Logo de facer lecturas individuais e compartidas de La Celestina, a tan coñecida traxicomedia de finais do século XV, e analizar o argumento, temas, personaxes e contexto histórico, o alumnado de 3º da ESO puxéronse na pel dos personaxes da obra e intercambiaron mensaxes de texto entre eles, unha maneira de achegar os temas ao estilo do século XXI.
Velaquí varias imaxes das conversas. Grazas por compartir!
Velaquí varias imaxes da sesión de lectura compartida na biblioteca en torno a unha versión adaptada de "The Nutcracker" (O Quebranoces), o conto de E.T.A. Hoffmann ambientado no Nadal do que Tchaikovsky fixo unha célebre versión para o ballet.
Boas festas a todos!
O alumnado de 3º da ESO aproveitou que se achega o Samaín, tamén coñecido como Halloween, para celebrar o Día da Biblioteca coa lectura compartida e o debate dunha historia de terror en francés, “La Momie du Louvre”. Velaquí varias imaxes da sesión:
A clase de 3º ESO-A celebrou o Dia da Biblioteca dunha maneira moi orixinal! Fixo unha recreación dun espectáculo xograresco medieval a ritmo de estilos musicais actuais. Podédela ver neste video. Parabéns por tan interesante fusión!