xoves, 7 de abril de 2022

Abril: IX Festival do Libro do colexio

 Abril é un mes moi especial para nós. Cada ano, desde hai xa 8, celebramos o Festival do Libro, un evento interdisciplinar e plurilingüe que xira en torno a unha das vantaxes de ler. O lema desta edición é "ler é saber" e xa estamos a argallar un montón de actividades que terán lugar do 20 ao 23 de abril.



Non deixedes de consultar o blog do festival.

Estamos desexando que chegue o día 20!!

luns, 28 de marzo de 2022

Marzo: mes da banda deseñada

 O xénero artístico protagonista deste mes é a banda deseñada. Por este motivo, o alumnado da ESO ten acudido á biblioteca do cole para reflexionar sobre o formato deste medio de expresión: unha serie de debuxos acompañados de texto. que adoitan estar enmarcados en viñetas, e que lidos en secuencia compoñen un relato.

Partindo dos nosos comics favoritos, analizamos os elementos relacionados coa imaxe (viñeta, encadre, palnos, ángulos, liñas cinéticas) e co texto (cartela, bocadillo ou globo e o estlo) e por suposto gozamos de tempo de lectura e de debate.










mércores, 23 de febreiro de 2022

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

 Hoxe celebramos o legado da escritora galega máis universal no 185ª aniversario do seu nacemento.

Dende infantil á ESO, o alumnado levo a cabo moitas actividades para coñecer a súa vida e obra e valorar a súa contribución á nosa lingua e cultura:

"Flores para Rosalía! cuxos pétalos conteñen palabras fermosas en galego:


Folletos con información sobre a autora:


Un vídeo no que recitamos de forma conxunta "Adeus Ríos, Adeus Fontes"

Este mural no vestíbulo con información sobre a autora:


Parabéns a todos!

mércores, 9 de febreiro de 2022

Encontros co Autor: Andrea Maceiras

A clase de 5º de primaria participou en “Encontros co Autor”, actividade da XXXII Campaña de Promoción á Lectura, promovida pola Concellería de Educación do concello de Ourense. Este ano a escritora elixida foi Andrea Maceiras, autora de A folla azul, que limos no 1º trimestre.




Andrea Maceiras fixo unha fascinante presentación sobre a Amazonia, a diversidade e a necesidade de coidar a natureza. Tivemos a oportunidade de facerlle preguntas e de pedirlle que asinase os nosos exemplares. Moitas grazas, Andrea! Foi un verdadeiro pracer! 





xoves, 20 de xaneiro de 2022

Obradoiro de música e poesía na biblioteca

 Alumn@s da ESO veñen de participar nun obradoiro sobre música e poesía.  Grazas as versións musicadas de poemas como "Negra Sombra" (de Rosalía de Castro e adaptado por Carlos Núñez), "Palabras para Julia" (de Goytisolo e adaptado por Luz Casal) e "Cantares", a epopeia sonora de Joan Manuel Serrat a Antonio Machado) puideron analizar e valorar recursos estílisticos comunes a ambas artes.







luns, 29 de novembro de 2021

Gravamos un podcast sobre a Ribeira Sacra

Como di o título do noso blog, a biblioteca do cole é moito máis que un espazo con libros. Nesta ocasión, a biblioteca foi o lugar onde varios alumnos de 4º da ESO, supervisados pola úa profesora de lingua, Sara Perea, atoparon información sobre a Ribeira Sacra e gravaron un podcast no que nos informan da riqueza cultural, histórica e natural deste marabilloso enclave na nosa provincia.


Velaquí o resultado. Non deixedes de oílo.

Parabens, rapaces! 

xoves, 18 de novembro de 2021

Os nosos contos favoritos

 Din que a lectura compartida vale por dous, por iso, o alumnado de 3º de primaria escolleu un dos seus conrtos favoritos e compartíu coa clase por que lle gusta e un extracto de cada conto. 

Velaquí varias imaxes da actividade. Grazas por compartir, rapaces!