luns, 14 de outubro de 2024

Recomendación de lectura: Un mundo inmenso

 Logo de ler, “Un mundo inmenso”, o alumnado de 3º ESO acudiu a biblioteca para facer una procura na wen de información sobre lugares tan sorprendentes como Svalbard o territorio no que está prohibido morir, Iquitos a maior cidade do mundo á que non se pode chegar por Terra, Socotra unha illa doutro planeta ou Transnistria o país que non existe… Se queres saber máis sobre estes lugares tan insólitos, ven coller o libro!









venres, 11 de outubro de 2024

Cinema na biblio

 O alumnado de terceiro de primaria participou nunha divertida actividade organizada polo alumnado de secundaria e supervisada pola profe Isa.

Mentres narraban a historia da película  “O rei León”, os peques proxectaron a diapositiva de cada escea na parede da nosa biblioteca.

Esta actividade tan orixinal axudonos a valorar o traballo colaborativo.






mércores, 9 de outubro de 2024

Primeiros préstamos en infantil

Os peques de 5 anos xa son usuarios da biblioteca. Velaquí varias imaxes cos primeiros préstamos:





martes, 8 de outubro de 2024

Recomendación de lectura

 A primeira recomendación de lectura para este curso ven da man do alumnado de 4º ESO, que previamente visitou a biblioteca para facer a súa escolla.




Trátase de relatos de autores clave na literatura universal nunha colección adaptada para nenos. “As orellas do neno Raúl” de Camilo José Cela, “O xigante egoísta” de Óscar Wilde, “O conto dos tres desexos”, de Isaac B. Singer, “A pequena apisoadora” de Graham Greene son algúns dos títulos que xa podedes coller emprestados. 

Grazas, chic@s!

mércores, 2 de outubro de 2024

Os peques de infantil visitan a biblioteca

Os peques de infantil descubriron a biblioteca da man da nosa coordinadora, Chus Corral, quen lles amosou diferentes tipos de libros para coller prestados e lles contou unha preciosa historia. Grazas, Chus!










venres, 27 de setembro de 2024

Hora de ler

 Unha das novidades do Plan de Lectura para este curso 2024/25 é a "Hora de Ler", a inclusión de alomenos 20 minutos semanas de lectura silenciosa sostida na que o alumnado de primaria elixe os seus materiais de lectura e establecen o seu propio ritmo para lelos.  

Podes descargar o folleto con información sobre esta iniciativa.

 Chus Corral, a nosa coordinadora, ven de explicar en que consiste a "Hora de Ler" nas aulas de primaria. Moitas grazas, Chus!






mércores, 25 de setembro de 2024

Volve a biblio! Curso 2024/25

 O vindeiro martes, 1 de outubro, reanúdase o servizo de préstamo na biblioteca.

Achégase un curso cheo de novos fondos e novas actividades.





Agardámoste!