Os peques de 5 anos xa son usuarios da biblioteca. Velaquí varias imaxes cos primeiros préstamos:
Blog da biblioteca do CPR Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle en Ourense
mércores, 9 de outubro de 2024
martes, 8 de outubro de 2024
Recomendación de lectura
A primeira recomendación de lectura para este curso ven da man do alumnado de 4º ESO, que previamente visitou a biblioteca para facer a súa escolla.
Trátase de relatos de autores clave na literatura universal nunha colección adaptada para nenos. “As orellas do neno Raúl” de Camilo José Cela, “O xigante egoísta” de Óscar Wilde, “O conto dos tres desexos”, de Isaac B. Singer, “A pequena apisoadora” de Graham Greene son algúns dos títulos que xa podedes coller emprestados.
Grazas, chic@s!
mércores, 2 de outubro de 2024
Os peques de infantil visitan a biblioteca
Os peques de infantil descubriron a biblioteca da man da nosa coordinadora, Chus Corral, quen lles amosou diferentes tipos de libros para coller prestados e lles contou unha preciosa historia. Grazas, Chus!
venres, 27 de setembro de 2024
Hora de ler
Unha das novidades do Plan de Lectura para este curso 2024/25 é a "Hora de Ler", a inclusión de alomenos 20 minutos semanas de lectura silenciosa sostida na que o alumnado de primaria elixe os seus materiais de lectura e establecen o seu propio ritmo para lelos.
Podes descargar o folleto con información sobre esta iniciativa.
Chus Corral, a nosa coordinadora, ven de explicar en que consiste a "Hora de Ler" nas aulas de primaria. Moitas grazas, Chus!
mércores, 25 de setembro de 2024
Volve a biblio! Curso 2024/25
O vindeiro martes, 1 de outubro, reanúdase o servizo de préstamo na biblioteca.
Achégase un curso cheo de novos fondos e novas actividades.
Agardámoste!
venres, 21 de xuño de 2024
Felices vacacións!
O ano escolar chega á súa fin e o equipo de biblioteca quere compartir unha mensaxe de agradecemento.
Este ano estivo cheo de aprendizaxes, aventuras literarias e momentos inesquecibles.
Os libros pouco a pouco convertíronse en fieis compañeros de moitos do noso alumnado, que amosou semana a semana a súa pasión pola lectura.
Os clubes de lectura foron un éxito rotundo e as nosas actividades de dimamización enriquecéronnos enormemente.
Queremos agradecer a todo o alumnado e o profesorado o seu entusiasmo e amor polos libros, ademáis da súa participación activa e o seu respeto por este espazo que nos motiva a seguir mellorando día a día. O próximo curso traerá novas sorpresas que seguro vos encantarán.
Felices vacacions e felices lecturas!
xoves, 6 de xuño de 2024
Obradoiro sobre “A Orixe das Especies”
O alumnado de 4 ESO académicas participou nun obradoiro sobre diversas teorías evolutivas no que leron fragmentos da tradución ao galego da célebre obra de Darwin “A Orixe das Especies”
Velaquí varias imaxes:























