domingo, 17 de marzo de 2024

17 de marzo: Día da banda deseñada

Desde o ano 2022, cada 17 de marzo celébrase o Día da Banda Deseñada para celebrar o día da primeira publicación da coñecida revista TBO, que deu nome ao popular tebeo. 


Con motivo desta celebración, queremos convidarvos á biblioteca para ver a nova sección de banda deseñada inaugurada hai unhas semanas.









Velaquí alghunhas recomendacións da coordinadora da nosa biblioteca e algunhas imaxes da Comiteca de 4 ESO.


Agardámosvos!

mércores, 13 de marzo de 2024

Activamos o vocabulario a través do xogo

 O alumnado de 3º ESO A reforzou a súa competencia léxica de forma lúdica a través de “A Vacaloura”, un xogo de mesa que consta de 500 tarxetas cun total de 2000 preguntas diferentes e miles de palabras dos máis variados significados. 






Pasáronno xenial!! Porque os xogos de mesa tamén son cultura!

luns, 11 de marzo de 2024

Sesión de contacontos polo 8M


 Encántanos a actividade organizada por Isabel e Laura, as nosas especialistas en Audición e Linguaxe e en Pedagoxía Terapéutica, para conmemorar o 8M! 




Unha sesión de contacontos do alumnado da ESO aos peques de 1º de primaria durante a que as princesas Disney subvirten roles de xénero tradicional. Podedes escoitla e lela en pictogramas a través dun mural interactivo no vestíbulo.



venres, 8 de marzo de 2024

8M: Heroínas da Ciencia

 Con motivo do Día Mundial da Muller, o alumnado de 2º da ESO empregou “Heroínas da Ciencia”, unha ferramenta de intelixencia artificial para charlar coas científicas máis importantes da historia coma Marie Curie, Hypatia de Alejandría ou Margaret Hamilton. Que che motivou a ser científica? Que é a radioactividade? Atopaches moitos problemas por ser muller na época na que viviches? Estas son algunas das preguntas que lle formularon.











Foi unha sesión moi interesante na que aprenderon a valorar o legado de mulleres sobranceiras na ciencia.

xoves, 7 de marzo de 2024

Os peques do cole fan uso do servizo de préstamo

 Os máis peques do colexio fan uso do seu carné de biblioteca logo de aprender como funciona o sistema de préstamo da man da nosa coordinadora, Chus Corral. 

Velaquí varias imaxes:









mércores, 6 de marzo de 2024

Sétimo encontro do club de lectura

 O club de lectura de 5º e 6º de primaria reuniuse unha vez máis para mergullarse no apaixonante mundo do teatro a través da obra "A rateira" da recoñecida autora británica Agatha Christie. 


Si 

Durante a reunión alumnado tivo unha enriquecedora conversa sobre o intrigante título do libro, compartindo as distintas ideas e conxecturas que lles suxería.

Ademais, exploraron a vida e obra de Agatha Christie, unha autora que se converteu nun referente do xénero de misterio e suspenso. Admiraron a súa habilidade para crear personaxes complexos e tramas cativadoras, que manteñen ao lector en suspense ata a última páxina.

luns, 4 de marzo de 2024

Book hunting en inglés e francés

 O alumnado de 3º ESO B participou nun “book hunting” en inglés e francés para descubrir os fondos que a biblioteca ten nestes idiomas.

En equipos e empregando pistas, tiveron aue atopar títulos clasificados por idioma e xénero. Achégate á biblio para coller prestado un título en inglés ou en francés!