luns, 28 de marzo de 2022

Marzo: mes da banda deseñada

 O xénero artístico protagonista deste mes é a banda deseñada. Por este motivo, o alumnado da ESO ten acudido á biblioteca do cole para reflexionar sobre o formato deste medio de expresión: unha serie de debuxos acompañados de texto. que adoitan estar enmarcados en viñetas, e que lidos en secuencia compoñen un relato.

Partindo dos nosos comics favoritos, analizamos os elementos relacionados coa imaxe (viñeta, encadre, palnos, ángulos, liñas cinéticas) e co texto (cartela, bocadillo ou globo e o estlo) e por suposto gozamos de tempo de lectura e de debate.










mércores, 23 de febreiro de 2022

23 de febreiro: Día de Rosalía de Castro

 Hoxe celebramos o legado da escritora galega máis universal no 185ª aniversario do seu nacemento.

Dende infantil á ESO, o alumnado levo a cabo moitas actividades para coñecer a súa vida e obra e valorar a súa contribución á nosa lingua e cultura:

"Flores para Rosalía! cuxos pétalos conteñen palabras fermosas en galego:


Folletos con información sobre a autora:


Un vídeo no que recitamos de forma conxunta "Adeus Ríos, Adeus Fontes"

Este mural no vestíbulo con información sobre a autora:


Parabéns a todos!

mércores, 9 de febreiro de 2022

Encontros co Autor: Andrea Maceiras

A clase de 5º de primaria participou en “Encontros co Autor”, actividade da XXXII Campaña de Promoción á Lectura, promovida pola Concellería de Educación do concello de Ourense. Este ano a escritora elixida foi Andrea Maceiras, autora de A folla azul, que limos no 1º trimestre.




Andrea Maceiras fixo unha fascinante presentación sobre a Amazonia, a diversidade e a necesidade de coidar a natureza. Tivemos a oportunidade de facerlle preguntas e de pedirlle que asinase os nosos exemplares. Moitas grazas, Andrea! Foi un verdadeiro pracer! 





xoves, 20 de xaneiro de 2022

Obradoiro de música e poesía na biblioteca

 Alumn@s da ESO veñen de participar nun obradoiro sobre música e poesía.  Grazas as versións musicadas de poemas como "Negra Sombra" (de Rosalía de Castro e adaptado por Carlos Núñez), "Palabras para Julia" (de Goytisolo e adaptado por Luz Casal) e "Cantares", a epopeia sonora de Joan Manuel Serrat a Antonio Machado) puideron analizar e valorar recursos estílisticos comunes a ambas artes.







luns, 29 de novembro de 2021

Gravamos un podcast sobre a Ribeira Sacra

Como di o título do noso blog, a biblioteca do cole é moito máis que un espazo con libros. Nesta ocasión, a biblioteca foi o lugar onde varios alumnos de 4º da ESO, supervisados pola úa profesora de lingua, Sara Perea, atoparon información sobre a Ribeira Sacra e gravaron un podcast no que nos informan da riqueza cultural, histórica e natural deste marabilloso enclave na nosa provincia.


Velaquí o resultado. Non deixedes de oílo.

Parabens, rapaces! 

xoves, 18 de novembro de 2021

Os nosos contos favoritos

 Din que a lectura compartida vale por dous, por iso, o alumnado de 3º de primaria escolleu un dos seus conrtos favoritos e compartíu coa clase por que lle gusta e un extracto de cada conto. 

Velaquí varias imaxes da actividade. Grazas por compartir, rapaces!







martes, 2 de novembro de 2021

Celebramos o Dia das Escritoras

 Encántanos a actividade que levou a cabo a profe Ángela polo Día das Escritoras, que celebramos cada 18 de outubro!

Ángela fixo unha preciosa lectura de "A princesa que quería escribir", unha bonita historia que rompe con estereotipos de xénero logo da cal buscamos información sobre a súa autora na web.


Grazas Ángela por axudarnos a entender o valor das historias!