mércores, 21 de xaneiro de 2026

Sexta reunión do club de lectura

  Na sexta reunión aventurámonos nas profundidades do mar e no mundo dos seres diminutos con A serea e Pulgarciña.

A serea ensínanos o valor do amor, o sacrificio e a liberdade, pois renuncia a todo por seguir o seu corazón, aínda que iso implique dor. Pola súa parte, Pulgarciña é un conto sobre a superación e a independencia, no que unha pequena nena aprende a escoitar a súa voz interior e a loitar polo seu destino.

Ambas historias teñen algo en común: mostran que a verdadeira forza está en ser fiel a un mesmo e en buscar o propio camiño. Durante a sesión falaremos dos soños, da identidade e do poder de decidir sobre a propia vida.

luns, 12 de xaneiro de 2026

Novo ano, new books in the library!

Comezamos o novo ano na biblio cunha proposta pensada especialmente para os máis pequenos e pequenas. Xa está dispoñible unha nova exposición de libros de contos en inglés, dirixida ao alumnado de educación infantil e da primeira etapa de primaria.









A través de historias sinxelas, ilustracións atractivas e personaxes divertidos, os nenos e nenas poden ter un primeiro contacto coa lingua inglesa dun xeito natural e lúdico 📖🇬🇧. A lectura convértese así nunha ferramenta para aprender, imaxinar e gozar, favorecendo o gusto polos libros desde idades temperás.

Animámosvos a visitar a biblioteca, explorar a exposición e deixarvos levar polas historias. Ler tamén é unha aventura… en inglés!