mércores, 18 de xuño de 2025

Avanzando na inclusión

 Esta semana, o alumnado de 3.º de ESO tivo a oportunidade de utilizar os novos recursos incorporados á nosa biblioteca, pensados para facer deste espazo un lugar máis inclusivo e accesible para todos. A través de actividades como esta, seguimos avanzando na mellora do noso centro como un espazo de aprendizaxe dinámico e aberto á diversidade.





Durante a sesión, os estudantes realizaron un traballo de investigación centrado nas esculturas gregas ao longo das súas tres etapas principais: arcaicaclásica e helenística. Non só profundaron no arte da antiga Grecia, senón que tamén tiveron a oportunidade de desenvolver habilidades de búsquedaanálise e colaboración.

Ver como a mellora do entorno e dos materiais favorece o aprendizaxe activo e o interese do alumnado é unha gran satisfacción para todo o equipo da biblioteca. Continuamos traballando para que este espazo sexa cada vez máis útil, inclusivo e accesible para todos.

martes, 17 de xuño de 2025

Afondamos na Teoría da Evolución

 Hoxe, o alumnado de 4.º da ESO viviu unha xornada especial na nosa biblioteca escolar. A través da lectura e análise do libro A orixe das especies de Charles Darwin, achegámonos a un dos fitos máis importantes da historia da ciencia: a teoría da evolución.










Durante a sesión, reflexionamos sobre a figura de Darwin e o seu impacto na bioloxía moderna, contextualizando o seu traballo dentro dos contidos estudados nesta última avaliación sobre as probas e teorías evolutivas. A biblioteca converteuse nun espazo de aprendizaxe activa onde o pensamento crítico, a curiosidade científica e a historia da ciencia se deron a man.

Unha vez máis, demóstrase que os libros son portas abertas ao coñecemento e que a biblioteca é un lugar clave para descubrir, pensar e compartir saberes.

xoves, 5 de xuño de 2025

Os peques de 4 años visitan a biblio

 O pasado día, os nenos e nenas de 4 anos de Educación Infantil viviron unha experiencia moi especial coa súa visita á biblioteca do colexio. Alí agardábaos Patricia, a súa mestra, para compartir un momento máxico arredor da lectura do conto Miedoso, do autor Pablo Bernasconi. Esta historia captou de inmediato a atención dos máis pequenos, que seguiron con moito interese as aventuras do seu protagonista.







Pero a xornada non rematou aí. Despois da lectura, chegou o momento do xogo: sesións cheas de diversión e aprendizaxe nas que o alumnado puido facer parellas, construír con pezas de madeira e explorar diferentes materiais lúdicos. Estas actividades non só lles permitiron pasalo ben, senón que tamén contribuíron ao desenvolvemento da atención, a memoria e a motricidade fina, fomentando ao mesmo tempo a colaboración e o traballo en equipo.

Cómpre destacar que o material utilizado nesta sesión procedía tanto da biblioteca do centro como da aula dos Polos Creativos, aproveitando ao máximo os recursos dispoñibles para enriquecer a experiencia educativa.

Foi, sen dúbida, unha xornada moi entretida e enriquecedora, na que se combinou lectura, xogo e aprendizaxe nun ambiente acolledor e estimulante.