Esta semana, o alumnado de 3.º de ESO tivo a oportunidade de utilizar os novos recursos incorporados á nosa biblioteca, pensados para facer deste espazo un lugar máis inclusivo e accesible para todos. A través de actividades como esta, seguimos avanzando na mellora do noso centro como un espazo de aprendizaxe dinámico e aberto á diversidade.
Durante a sesión, os estudantes realizaron un traballo de investigación centrado nas esculturas gregas ao longo das súas tres etapas principais: arcaica, clásica e helenística. Non só profundaron no arte da antiga Grecia, senón que tamén tiveron a oportunidade de desenvolver habilidades de búsqueda, análise e colaboración.
Ver como a mellora do entorno e dos materiais favorece o aprendizaxe activo e o interese do alumnado é unha gran satisfacción para todo o equipo da biblioteca. Continuamos traballando para que este espazo sexa cada vez máis útil, inclusivo e accesible para todos.