luns, 24 de outubro de 2022

Entrega do premio do Concurso “E Ti Que Contas?” de FEARMAGA en infantil

 Coincindo co Día da Biblioteca tivo lugar na clase de 5 anos a entrega do premio do concurso "E ti que contas?" organizado pola Federación Empresarial de Madeiras de Galicia.

Alexandra, alumna de primaria, exerceu de magnífica contacontos para presentarnos "Maruxa, Xaquín e Fuco fabrican material escolar", unha preciosa historia na que os protagonistas do célebre conto "Os Tres Porquiños" elaboran un andel en madeira para regalarllo ao colexio da súa vila. Moitas grazas, Alexandra!


Grazas tamén ao director xeral do Medio Rural, ao presidente de FEARMAGA e a todas as persoas que nos acompañaron e que fixeron desta conmemoración un dia moi especial! 







Para saber máis, visita o blog de 5 anos.

Unusual retellings of fairy tales

 O alumnado de 4º da ESO celebrou o Día da Biblioteca cunha actividade interlingüística de escritura creativa. Logo facer unha choiva de ideas sobre contos de fadas tradicionais, decidiron recontalos mesturando elementos de cada unha das historias como personaxes, xiros, espazos e finais, e traduciron as historias resultantes ao inglés. 

Velaquí varias imaxes do proceso. Congrats on such an original activity!







Vídeo con pautas para detectar información falsa

 Hoxe é o Día da Biblioteca e, para celebrar esta conmemoración, a alumnado de 4º de ESO-A, gravou un interesante vídeo na nosa biblioteca que explica os pasos a seguir para detectar noticias que son falsas. Agora máis que nunca estamos expostos a unha cantidade inxente de información mais saberías distinguir fontes fiables de fontes que propagan bulos? Sabes como seleccionar e compartir información de forma adecuada? Non deixes de ver este vídeo!

O Día da Biblioteca en primaria

 As clases de primaria celebran o Día da Biblioteca explorando os seus fondos e compartindo impresións sobre os seus hábitos de lectura, preferencias e algún que outro libro que non foron capaces de ler. Grazas por compartir as imaxes. Feliz día a tod@s!






xoves, 20 de outubro de 2022

Concurso: "Unha mascota para a nosa biblioteca"

Andamos á procura dunha mascota que represente a nosa biblioteca, por eso o equipo de dinamización da lectura convoca o concurso "Unha mascota para a biblioteca".

Anímate a participar antes do 16 de decembro! Velaquí as bases do concurso:

  • Pode participar todo o alumnado de primaria ou de ESO.
  • É preciso crear unha ilustración inédita nun soporte tamaño A4 que represente a mascota da nosa biblioteca. A técnica é libre.
  • As ilustracións entregaranse ao titor/a de grupo-clase debidamente identificadas (nome e apelidos, nivel e grupo).
  • Data límite de entrega: 16 de decembro de 2022
  • As ilustracións poderán ser publicadas no blog da biblioteca, sitio web do colexio ou sitios web vinculados cao mesmo.
  • A ilustración gañadora será a mascota da biblioteca e o colexio terá os dereitos de reprodución e uso con fins educativos.
  • A participación no concurso implica a aceptación destas bases.

luns, 26 de setembro de 2022

Día Europeo das Linguas

 Hoxe é o #DiaEuropeodelasLenguas, por este motivo a clase de 3º ESO-A acudíu á biblioteca para levar a cabo divertidos desafíos lingüísticos: contar do 1 ao 10 en alomenos 3 idiomas, ver un vídeo nun idioma e resumir o seu contido noutro idioma, contar un chiste nunha lingua estranxeira, escribir un comentario nas redes do cole noutro idioma, aprender a deletrear en lingua de signos ou escribir una receita en portugués asesorados por @Milhflor.












Como broche de ouro a todos estes retos, fixeron unha de Serradura portuguesa, riquísima! Parabéns, rapaces!!





Para saber máis, visita o Blog de Escola Embaixadora do Parlamento Europeo!

luns, 19 de setembro de 2022

La Tulipe Noire

Arranca o Plan Lector en 3º da ESO coa lectura e debate da versión adaptada de  A Tulipe Noire, a célebre novela de Alexandre Dumas grazas ao que o alumnado puido refrescar o seu francés, gozar da lectura compartida e coñecer o contexto histórico da Francia do Rei Sol, Louis XIV.



Grazas por compartir a imaxe.