mércores, 26 de febreiro de 2025

Visita Erasmus dunha profesora de Italia

 Susana Novoa, profesora do Liceo Lingüístico A. Manzoni de Varese, Italia e de estadía de observación Erasmus no nido colegio, entrevistouse con Chus Corral, a coordinadora da biblioteca, para familiarizarse coa xestión e funcionamento da mesma e participou nunha actividade de dinamización na que contou ao alumnado un conto en italiano.

Grazas por amosar interese na nosa biblio, Susana!

 










mércores, 19 de febreiro de 2025

Noveno encontro do club de lectura

 Nesta sesión continuamos coa lectura de Ringo. Memorias dun coello fedello, centrando o noso traballo nos dous primeiros capítulos: "Ringo" e "Bicicleta".

O alumnado ampliou o seu vocabulario explorando o significado de palabras como fedellobesbellobuligar e apouvigarenriquecendo a súa comprensión do texto e aprendendonovas expresións.




domingo, 16 de febreiro de 2025

San Valentín na biblio






  O venres pasado, o alumnado de 1º e 2º de primaria celebraron o Día do Amor e a Amizade na biblioteca, un lugar máxico onde os libros convídanos a soñar. Alí, compartimos a lectura de “Adiviña canto te quero”, unha fermosa historia que nos ensinou o importante que é expresar o noso agarimo a aqueles que queremos.  

Entre páxinas cheas de tenrura, descubrimos que o amor e a amizade fannos sentir felices e acompañados. Foi un momento especial, onde non só desfrutamos da lectura, senón que tamén fortalecemos os nosos lazos como compañeiros e amigos.

martes, 11 de febreiro de 2025

Oitavo encontro do club de lectura

 Nesta sesión comezamos un novo libro: Ringo. Memorias dun coello fedello, escrito por Pablo Nogueira e ilustrado por David Pintor.


Ringo é un coello que, tras un fallo nun truco de maxia, atópase perdido lonxe do Circo Fantabuloso. Na súa aventura para regresar, coñecerá a novos amigos e vivirá experiencias que destacan valores como a amizade, a diversidade e a empatía.

Nesta primeira reunión, achegámonos ao argumento, ás persona es e ao autor desta historia chea de imaxinación, enxeño e humor.

luns, 3 de febreiro de 2025

Día da Paz

 O alumnado de 1 e 2 de primaria celebrou o Día da Paz na biblio lendo “Palabras con corazón”, co que aprenderon a importancia de falar con amabilidade e respecto. 

Despois da lectura, cada neno decorou un marcapáxinas especial con mensaxes e debuxos sobre a paz. Estes marcapáxinas  lembraranlles a importancia desta data cada vez que abran un libro. Porque a paz comeza con pequenas accións e palabras cheas de corazón.