xoves, 30 de xaneiro de 2025

Viñetas con historia polo Día da Ilustración








 O alumnado de 4º ESO gozou dunha enriquecedora xornada na nosa biblioteca con motivo do Día da Ilustración. Durante a actividade:

🔸 Primeira parte: Os estudantes mergulláronse na lectura de libros ilustrados da súaelección, explorando títulos como Maus, Herba, Astérix e Obélix, Memorias dun nenolabrego.

🔸 Segunda parte: Hora de creatividade! Os alumnos desenvolveron a súa faceta artística engadindo textos a viñetas de cómics infantís, dando vida a novas historias.

🔸 Peche: Compartiron as súas creacións cos seus compañeiros, demostrando o seutalento e gozando dun ambiente colaborativo.



Unha experiencia que une literatura, arte e creatividade. Grazas a todos por participar e facer desta actividade un éxito! 👏🎉

Día da Ilustración

 


O alumnado de 1 de primaria e de 3 da ESO participou nun obradoiro de ilustración de historias escritas por eles/as mesmos/as.

Reflexionaron sobre a importancia das ilustracións nos libros, como estas non só complementan o texto senón que tamén lle dan vida, axudan a comprender mellor a historia e esperaran a imaxinación dos lectores.

Crearon microrrelatos partindo de experiencias persoais

Ilustraron escenas escollidas dos seus textos para ilustradas desde perspectivas artísticas moi diversas!

Foi unha experiencia enriquecedora que seguramente recordarán cando collan un libro ilustrado nas mans, sabendo que detrás de cada páxina hai un mundo de imaxinación e esforzo.

 













luns, 27 de xaneiro de 2025

Expo polo Día do Libro Ilustrado

 O equipo de biblioteca ven de preparar esta selección de fondos para celebrar o Día do Libro Ilustrado o vindeiro xoves, 30 de xaneiro.

Achégate á nosa biblio!





biblio!


venres, 17 de xaneiro de 2025

Sétimo encontro do club de lectura de primaria

 Esta foi a última sesión dedicada ás fábulas de Esopo, o alumnado de 5º e 6º de primaria reflexionou sobre dous vicios destacados nestes relatos: a avaricia e a cobiza.

Lemos e analizamos fábulas como "O neno e as améndoas", "O avaro", "Os viaxeiros e as moedas de ouro", "A oca dos ovos de ouro" e "O can e o óso", profundando nos seusensinos e a súa relevancia actual.






venres, 10 de xaneiro de 2025

Concurso de ilustración para o XI Festival do Libro

 A duodécima edición do Festival do Libro terá lugar do 23 ao 25 de abril; participa no Concurso de Ilustración para anunciar o festival.
Podes ler as bases nesta ligazón. O prazo de presentación de ilustracións remata o venres, 21 de febreiro.

Anímate!


xoves, 9 de xaneiro de 2025

Ano novo, novos fondos

 Co ano novo, vimos de catalogar e por en préstamo estes fondos que da podes atopar na nosa biblioteca.

Que teñades un 2025 checo de lecturas marabillosas!







Sexto encontro do club de lectura

 Nesta sesión lemos e comentamos algunhas fábulas de Esopo: "O cervo e o seu reflexo", "Os ratos e as donicelas" e "A cola do pavo real".




O tema central foi a crítica á vaidade e como esta aparece reflectida nos relatos. Debatemos sobre as leccións que estas fábulas transmiten e como seguen sendo relevantes na nosa sociedad

Un interesante encontro de reflexión e aprendizaxe compartidas!