O equipo da biblioteca deséxavos un BO NADAL e un 2025 cargado de boas lecturas!!
Blog da biblioteca do CPR Plurilingüe Padre Feijoo-Zorelle en Ourense
xoves, 19 de decembro de 2024
mércores, 18 de decembro de 2024
Aprendizaxe entre iguais na biblioteca: “Coñecendo a célula!”
Cada alumno/a elixiu unha parte da celular ( núcleo , citoplasma, membrana, mitocondrias, ribosoma, retículo, citoesqueleto, vesículas...)e preparou unhas tarxetas para expor e explicar os escolares de quinto de primaria.
Paralelamente, o alumnado de 5 de primaria familiarizouse con este contido na materia de ciencias naturais.
Onte na biblioteca a sesión desenvolveuse en 3 fases:
1- Representación dos orgánulos celulares do alumnado de 3ESO aos alumnos/as de 5 de primaria
2- Exposición maquetas celulares con explicacións, preguntas e respostas
3- Consulta do libro de Ciencia da biblioteca escolar para descubrir á célula e compáralo coas maquetas e co explicado polos novos profes de 3ESO.
Parabéns por un proxecto exemplar!
mércores, 11 de decembro de 2024
O Obradoiro de inclusión na prensa
Hoxe no Xornal Escolar de La Región, o obradoiro no que participou o alumnado de 3️⃣ESO-B para facer da biblioteca un espazo máis inclusivo
🙏🏻Grazas pola difusión‼️
martes, 3 de decembro de 2024
Cara a unha biblioteca máis inclusiva
Con motivo do Día Internacional da Discapacidade, o alumnado de 3ºESO-B contribuíu a facer da biblioteca escolar un espazo máis accesible e inclusivo.
Participaron nun obradoiro no que afondaron nos conceptos de discapacidade, entornos discapacitantes, inclusión e accesibilidade cognitiva, que facilita a todas a persoas a comprensión do mundo no que vivimos.
Visitaram a plataforma de ARASAAC, analizaron e descargaron pictogramas e os colocaron para axudar a identificar fondos da biblio.
Grazas a tod@s!