Celebramos o tradicional Magosto na biblio coa participación dos alumnos de 1º y 5º de Educación Primaria. Foi un evento cheo de creatividade e alegría onde o alumnado demostrou todo o seu talento.
Os peques de 1º de Primaria prepararon unha poesía dedicada aos magostos, que logo recitaron con moito agarimo aos seus compañeiros/as, compartindo a súa particular visión desta festividade. A imaxinación e o esforzo dos máis pequenos fixeron que todos gozásemos dun momento moi emocionante.
Pola súa parte, un alumno de 5º de Primaria sorprendeu a todos cun rap que el mesmo creou e agasallounos cunha auténtica actuación en directo. Con ritmo e estilo, o seurap cautivou aos seus compañeiros, amosando unha forma moderna e orixinal de expresar o espírito desta celebración.
Foi unha xornada inesquecible que non só fortaleceu a comunidade escolar; tamén achegounos ás nosas tradicións dunha maneira fresca e creativa.
Grazas a todos os participantes e ao profesorado que fixo posible esta celebración do Magosto na nosa biblioteca!