luns, 22 de abril de 2024

Décimo encontro do club de lectura

 A décima reunión do club de lectura de 5º e 6º de primaria estivo dedicada á análise dos personaxes principais da obra escollida polo club de lectura "A rateira" de Agatha Christie.

Debateuse sobre as motivacións dos personaxes e os posibles xiros da trama. A discusión foi reflexiva e construtiva, deixando aos alumnos ansiosos por continuar coa lectura na seguinte sesión.





domingo, 21 de abril de 2024

XI Festival do Libro

   Achégase a undécima edición do Festival do Libro cun programa repleto de actividades para celebrar que “Ler é un pracer” 

Visita o blog do festival!

xoves, 11 de abril de 2024

Noveno encontro do club de lectura

 Na novena reunión do club de lectura, os estudantes de 5° e 6° de primaria mergulláronse na trama de "A rateira" de Agatha Christie. Despois dunha lectura dramatizada da primeira parte da escena II do primeiro acto, onde ocorre un asasinato, os alumnos discutiron as súas impresións sobre a obra. 

A sesión foi unha oportunidade para reflexionar sobre os personaxes e as pistas, mostrando un interese xenuíno no desenvolvemento do misterio e na análise literaria.





luns, 8 de abril de 2024

Novidades abril

 Vimos de recibir na biblioteca estes libros con pictogramas que poden facilitar a lectura de todo o alumnado. Por unha biblioteca máis inclusiva!

Agardámoste!!









martes, 2 de abril de 2024

Día Internacional do Libro Infantil

 Cada 2 de abril celébrase o Día do Libro Infantil para conmemorar o nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, un dos autores máis célebres de historias tan coñecidas coma Pulgariña, O soldadiño de chumbo, a raíña das neves e a pequena sereia. Achégate á biblioteca para ver a exposición que preparamos!