martes, 31 de outubro de 2023

Relatos de terror dramatizados

 O alumnado de francés celebrou o Samaín cunha sesión de dramatización de relatos de terror en francés. Usaron o idioma en equipos e gozaron de contar historias terroríficas! Felicitations e bon Halloween!!





Recomendacións de Outubro: Contos de medo ;-)

 As recomendacións de lectura do mes de outubro están ligadas ao Samaín ou Halloween e dirixidas aos lectores máis pequenos do cole aínda que son obras que gustan a todos!

Visita a biblioteca e atoparás lecturas terroríficas!!!


  • El Grúfalo, es un libro infantil escrito por Julia Donaldson e ilustrado por Alex Scheffler. Es una maravilla de álbum ilustrado, con una estructura repetitiva y maravillosas rimas a través de las cuales se relata la historia de un ratón y un personaje inventado por él, el Grúfalo. 
  • Soy el gato de una bruja, un precioso libro ilustrado en que una madre e hija son un dúo perfecto ya sea para mezclar pociones, cultivar plantas mágicas o soñar con fantásticos paseos en escoba a la luz de la luna llena. Las singulares ilustraciones de este libro fueron elaboradas por Harriet Muncaster utilizando telas, acuarelas, pluma y tinta, y materiales variados para crear imágenes planas y escenas tridimensionales, que luego fueron fotografiadas y digitalizadas.
  • La extraña visita, un divertido cuento rimado, en medio del bosque y con un monstruo a las puertas. Una historia acumulativa de misterio, mucho suspense y ¡terror!…
  • Corre, corre, cabaciña, un conto popular que conta a historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta atopa un lobo, un eso e un león que a querer comer!!
  • El Fantasma de las Bragas RotasEn Villa Pesadilla, los vecinos no pueden dormir ni vivir tranquilos porque el Fantasma de las bragas rotas les asusta a todas horas. ¿Cómo conseguirán solucionar el problema?




luns, 30 de outubro de 2023

Lectura compartida de “Cuatro corazones con freno y marcha atrás” de Jardiel Poncela

 Varios/as alumnos/as de 3º da ESO acudíu a nosa biblioteca para levar a cabo unha lectura compartida de “Cuatro corazones con freno y marcha atrás” de Enrique Jardiel Poncela e incluída na lista de libros obrigatorios dentro do Plan Lector. Logo de lela na casa e de repasar algunas páxinas na biblio, intercambiaron impresións sobre como a obra trata o paso do tempo e a inmortalidade, e tamén fixeron unha lectura dramatizada das pasaxes máis divertidas das aventuras do carteiro Emiliano, o doutor Bremón, Hortensia, Ricardo e a señorita Valentina.




Foi un pracer ter acollido esta actividade, rapaces!

martes, 24 de outubro de 2023

Contacontos polo Día da Biblioteca

 Moitas grazas ao alumnado de 3º A pola sesión de contacontos que levaron a cabo para os peques de infantil con motivo do Día das Bibliotecas Escolares. Foi unha posta en escea moi divertida na que, disfrazados e facendo uso de peluches e títeres, contaron as historias A Biblioteca Nocturna  e Lazos de Flor de Minnie.

Velaquí varias imaxes:














O alumnado de 3º e 4º de primaria visita a biblioteca

 Hoxe, Día das Bibliotecas Escolares, o alumnado de 3º e 4º de primaria tamén visitou a biblioteca para recordar os servizos que ofrece e escoller os libros para levar emprestados. Agardamos vervos a miúdo por aquí. Grazas pola visita!








luns, 23 de outubro de 2023

Visita guiada á biblioteca

 Agora que se achega o Día das Bibliotecas Escolares, o alumnado de 5º e 6º de primaria fixo unha visita guiada á biblioteca da man da nosa coordinadora grazas á que pudieron repasar os servizos que esta ofrece, coñecer a súa mascota “Don Lector” e coller emprestado o libro que máis lle chamou a atención. 

Velaquí varias imaxes. Grazas, Chus!








venres, 20 de outubro de 2023

Don Quijote en banda deseñada

 Que mellor maneira de achegarse ás aventuras do fidalgo máis famoso da literatura en castelá que a través da súa versión en banda deseñada? Podes atopala na biblioteca. A que esperas?






martes, 10 de outubro de 2023

O alumnado de 3º B visita a biblioteca

 O alumnado de 3º da ESO B visitou a biblioteca para descubrir os seus fondos e como seguir a facer uso dos seus servizos. Ademais, divertíronse con actividades que relacionadas coa lectura de Contos para entender o mundo, de Eloy Moreno, tales como inventar títulos e finais alternativos e dramatizando esceas escollidas. E, por último, aprenderon de primera man o labor dunha persoa bibliotecaria.