Chegamos ao final da nosa aventura literaria con "Ringo. Memorias dun coello fedello" de Pablo Nogueiras, e que mellor xeito de pechar este viaxe que rememorando todo o aprendido e compartido!
Nesta derradeira sesión, o alumnado expresou as súas opinións sobre o libro, destacando o que máislles gustou:
• Os personaxes únicos do circo Fantabuloso: desde Ringo, o coello fedello, ata o cabalo Gonzalo, o rinoceronte bailarín Xenofonte ou o escornabois Lois. ¡Cada un ten a súa propia magia!
• As ilustracións, que dan vida a esta historia chea de cor e fantasía.
• A importancia do respecto aos animais, unha bonita mensaxe que percorre todo o relato.
Foi unha oportunidade para recordar os nosos momentos favoritos: as creacións dos marcapáxinas, as nosas discusións sobre os números do circo e, sobre todo, a ilusión de descubrir xuntos cada páxina.
Agora, con este libro no corazón, seguiremos a buscar novas historias que nos fagan soñar.
Grazas, Ringo, por ensinarnos que incluso un pequeno coello pode ser o protagonista da súa propia aventura!
Ningún comentario:
Publicar un comentario